ESPACIO+ASOCIACIÓNS
pechar

 

entradaAsociación  Cultural o Barqueiro

CASA DA CULTURA DE RIOMAIOR. .
 C/ Riomaior, s/n. 36141 San Adrián de Cobres. -
Tfno.: 986 67 38 06. / 986 67 22 93
 web:  http://www.usuarios.lycos.es/acbarqueiro/

ENTRADA Presentación

BARQUEIRO

Asociación Cultural Barqueiro naceu a principios dos anos 70 co fin de preservar e difundir a nosa cultura e tradicións.

O seu elenco de ectividades é moi variado: deporte ,exposicións, teatro, ... , e o grupo de idades dos seus compoñentes é bastante amplio(+- 25/55 anos).

En épocas pasadas chegou a dispor dun grupo xuvenil que se autoxestionaba e organizaba as súas propias actividades, sempre claro está, dentro da A.C.

 

 

ENTRADAA directiva:

Actualmente a directiva da asociación está composta por:

Presidente: Julio Otero Coello
Vicepresidente: Anxo Cortegoso Casal
Secretario: Eduardo Lorenzo Acuña
Tesoreira: Alicia Cortegoso Casal
Vocal: Xosé Manuel Cortegoso Casal
Vocal: Inés García Couso

 

ENTRADAActividades:

Grupo de Pandereteiras "ADONAIRARE" - Desenrolan bastantes actuacións, e reciben clases de perfecionamento os venres de 22:00 a 24:00 H.

Concurso de Maios: Organizase o 1º de Maio, e nel participan os Maios dos nenos da localidade. Premios en metálico e roscón.

Festival do Día das Letras Galegas: Concurso de redacción e debuxo para nenos en ¡dade escolar. Agasallos de lotes de libros e actuacións de teatro, títeres, música,..., (contratados).

Festa do Rio: entre a primaveira e o verán, percorrido etnográfico polos muiños, xantar e actucións musicais.

Teatro:Malia que momentanemente aparcado, o teatro tivo sempre especial importancia no ser da A.C., os grupos xuvenís e seniors que formaron parte da asociación, levaron as súas actuacións, por toda a provincia e aforas (Moaña, meira, Vilaboa, San Adrián, Vigo, Pontevedra, Noia, ...), con grande éxito de público.

Outras actividades desenroladas, abarcan dende carreiras pedestres, torneos de xadrez, damas e ping-pong, ata colaboracións con outras asociacións no ámbito da Ría de Vigo.

Participación xunto con outras asociacións do Concello, na limpeza das marxes do Rio Maior.

Participación activa formando parte do FORO de RANDE 2002, que aglutinou a colectivos de toda a Ría de Vigo, para conmemorar o 3º centenario da batalla de Rande.

Participación no COLECTIVO DE DEFENSA DO PATRIMONIO, creado para reclamar atención sobor do noso patrimonio arqueolóxico.

A Asociación Cultural Barqueiro, realiza ademáis traballos de etnografía e historía referentes ó noso patrimonio,...


Maio Pousada 07

adonairare

Maios Pousada 07

Grupo de Pandereteiras ADONAIRARE

Teatro A.C. Barqueiro

Letras Galeags

Grupo Teatral A.C. Barqueiro Letras Galegas


ENTRADAActualidade:


Clases de Pandeireta,Canto Tradicional e Baile Galego.
Horario: Tódolos venres a partir das 21:00
Lugar: Casa da Cultura de Riomaior (Vilaboa - Pontevedra)
Couta: 12,00 €/mes

Clases de Pandeireta, Gaita e Canto Tradicional.
Horario: Tódolos venres a partir das 21:00
Lugar: Casa da Cultura de Riomaior (Vilaboa - Pontevedra)
Couta: 12,00 €/mes

 


subir