ESPACIO+ASOCIACIÓNS
pechar

 

entradaAsociación  As Salinas do Ulló

Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, a Asociación de Veciños de Paredes, o Club Ciclista Val do Ulló, o Club Piragüismo Vilaboa
webs: http://www.ccvaldoullo.com    http://www.pvilavoa.com
contacto : ccvaldoullo@lyc.net

ENTRADA Presentación

Asociación as Salinas Do Ulló

A asociación que nestas liñas se presenta xurde dunha iniciativa conxunta de varios entes da parroquia de Vilaboa; concretamente foron a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa, a Asociación de Veciños de Paredes, o Club Ciclista Val do Ulló, o Club Piragüismo Vilaboa, así como outros particulares, os que coincidiron nunha serie de obxectivos comúns e decidiron emprende-la súa posta en funcionamento.

A finalidade primordial de todos eles é, sen dúbida, converter a Vilaboa nun punto de referencia nos eidos medio ambiental, recreativo, deportivo e sociocultural. Para levar á práctica todas estas boas intencións os membros da asociación están a elaborar un proxecto co que poder optar a diferentes axudas económicas. Dito proxecto divídese en tres grandes bloques:
(1) recuperación do río e praia da zona do Areeiro.
(2) ampliación das instalacións deportivas ubicadas no Areeiro e apertura das súas portas ós veciños
(3) creación dunha rede de sendeiros que permitiría ó camiñante disfrutar e coñecer a nosa parroquia.

Colateralmente a estas actuacións a longo prazo, a asociación desenvolverá outras actividades de carácter máis puntual e inmediato, que confía serán do interese e agrado de todos.

O nome da asociación, “As Salinas do Ulló”, quere ser un recoñecemento ó que constitúe un dos elementos máis salientables do patrimonio de Vilaboa; as salinas do Ulló presentan un valor etnográfico e ambiental que será eixo fundamental de boa parte das actividades a desenvolver pola asociación.

 

A directiva:

Nome e apelidos do representante Entidade representada

José Alberto Agulla Bará

Asociación de Veciños de Paredes

Celso Manuel Pérez Rubín

Comunidade de Montes San Martiño

Vicente González Penas

Club Ciclismo Val do Ulló

Raquel Villaverde Acuña

Club Piragüismo Vilaboa

José Enrique Acuña Blanco

Club Piragüismo Vilaboa

Víctor Reguera Cal

Club Ciclismo Val do Ulló

Mª José Méndez Domínguez

Hotel San Luis

PROXECTOS:

entradaRECUPERACIÓN DO AREEIRO


Nas últimas décadas a parte máis interna da Ría de Vigo sufriu un proceso de degradación evidente, patente sobre todo na gran lameira que se está a instalar entre Arcade e Paredes. Resulta moi difícil loitar contra este fenómeno, pero non por iso debemos desistir no intento de, polo menos, mellora-la situación.

A asociación “As Salinas do Ulló” pretende crear e manter unha zona de praia ou areal entre o peirao de Paredes e a zona do Areeiro; asimesmo desexa crear unha arboreda e instalar unha área de lecer con bancos e outros elementos adecuados para este tramo do noso litoral; outra das iniciativas é acondicionar o deteriorado campo de futbito para convertelo nunha zona recreativa e de actividade deportiva ó aire libre polivalente.

entradaAMPLIACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS


A día de hoxe a nave deportiva construída no Areeiro é utilizada polo Club Piragüismo Vilaboa, para o cal dita entidade conta coa debida autorización da Xefatura de Costas quen, no seu día aprobou o proxecto e fixo a oportuna concesión dos terreos onde está ubicada.

A asociación “As Salinas do Ulló” propón agora ampliar estas instalacións para que deste xeito teñan cabida outras entidades deportivas da parroquia, como por exemplo o Club Ciclista Val do Ulló; ademais, planea habilitar unha sala adicada a actividades múltiples (ximnasia de mantemento, charlas, etc.) dirixidas a tódolos veciños.

entradaCREACIÓN DE RUTAS SENDEIRISTAS


A implantación de rutas sendeiristas é un xeito marabilloso de que os veciños de Vilaboa disfruten dos tesouros do seu pobo á vez que realizan unha actividade física máis que saudable; pero non só iso, a creación de sendeiros homologados pola federación territorial de montañismo constitúe unha garantía de que estas rutas serán recoñecidas a nivel autonómico e estatal, isto é, unha vía máis para mostrar Vilaboa ó resto do mundo.

As Salinas son punto de partida das tres rutas proxectadas. A primeira delas, denominada “Ruta da Croa”, atravesa as bancas, a Granxa das Salinas e chega ata Larache sempre pola beira do mar, logo accede ata o alto da Croa pasando antes polo emblemático cruceiro do Bolo do Con e regresa ás Salinas.

O segundo sendeiro, ó que se deu en chamar “Ruta de Pedra Miranda”, vai bordeando A Cerca, pasa pola futurible área recreativa e polideportiva do Areeiro, flanquea tamén a Canteira da Lapa chegando ata o Monte da Costa e dende alí descende ata as Salinas, pasando por baixo do Murallón.

A “Ruta dos Muíños de Vilaboa” permitirá descubrir os restos dos máis de vinte muíños ubicados nas marxes dos ríos e regatos que discorren entre a Lagoa de Castiñeiras e as Salinas do Ulló.

subir