Concello de Vilaboa

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

Actualidade

Descargar .pdf

Descargar .pdf

Taboeiro de anúncios

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACION TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA

O Concello de Vilaboa obtivo unha axuda da Deputación de Pontevedra para contratación de 7 persoas desempregadas por importe de 109563,65 para contratos de mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

A solicitude de persoas candidatas farase a través da oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra, tal e como marcan as Bases BOPPO 03/01/2024 Plan + Provincia liña 3 – Activación do emprego 2024, no capítulo III.

Bases

Normas para o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes.

O Concello de Vilaboa organiza o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes, para acompañar ao alumeado de Nadal que organizan os  veciños e veciñas deste barrio.

O Mercadiño de Nadal consistirá nunha carpa que conterá casetas, nas que poder ofertar produtos de agasallo, artesanía, alimentación e outros, por veciños e veciñas ou entidades do Concello de Vilaboa que de xeito voluntario se presten a participar no mesmo e teñan dedicación de xeito profesional ou afeccionado a fabricación e/ou venda de tales produtos.

Para a realización do mercadiño o Concello pon a disposición das persoas que van a ofertar os seus produtos nesta edición 5 casetas de madeira desmontables, con teito impermeable e superficie a ocupar de 5 metros cadrados, dimensións totais de 2.76 metros de frontal, 2.28 metros de fondo e 1.80 metros de altura, con dúas portas frontais que abren totalmente e equipadas con enganche de luz e toma de corrente. A sexta caseta está reservada para que a comisión organizadora do alumeado de Nadal de Paredes poida ofertar alimentos e bebidas quentes ao público que acuda a ver o mercadiño e o alumeado.

O Concello abre dende o día de hoxe o prazo e ata o 24 de novembro, para que as persoas residentes en Vilaboa que realizan algún tipo de traballo artesá poidan optar a unha destas casetas. A inscrición é a través de e-mail, no seguinte enderezo: dinamizacion@vilaboa.org

As casetas préstanse gratuitamente por parte do Concello e, si existira máis demanda de casetas ca oferta existente, se decidirá o seu outorgamento en rigoroso orde de entrada da solicitude. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir espazos, como nos anos anteriores, procurando non deixar a ninguén que queira acudir ao Mercadiño fora del. Dado que son un total de 16 días os que vai durar o Mercadiño, tamén será posible que algunhas das persoas interesadas poidan facer instalacións puntuais dentro da carpa e fóra das casetas si non se poden comprometer a manter aberta unha caseta durante os 16 días continuados.

O Concello ambientará, con axuda das persoas participantes as casetas e o mercadiño, con iluminación decorativa e música ambiente e fará promoción en redes sociais para favorecer a participación e que as casetas teñan actividade ao longo de todo o tempo que dura o Mercadiño.

É obriga das persoas usuarias das casetas mantelas nas mesmas condicións en que as reciben ata o remate do Mercadiño de Nadal, como segue:

  • A caseta está baleira, sen mobiliario, que deberá ser aportado polas persoas usuarias.
  • A caseta poderá decorarse cos motivos que cada persoa usuaria considere, sempre e cando esta decoración poida quitarse de xeito sinxelo e non altere as condicións da caseta, por este motivo está prohibido empregar puntas ou pegamentos.
  • Unha vez rematado o Mercadiño a caseta terá que ser desaloxada a máis tardar o día 7 de xaneiro, verificando o Concello o estado da caseta.
  • As persoas usuarias que deixen produtos de valor na caseta durante o tempo en que permaneza pechada ou polas noites, son responsables do seu contido.
  • O horario do Mercadiño de Nadal será en días laborais de tarde, e en días festivos e sábados e domingos de mañá e de tarde, a concretar entre o Concello e as persoas adxudicatarias.
  • Durante este horario, si algunha das persoas usuarias non pode atender a caseta que ten asignada en algunha data, deberá avisar cando menos con dous días de antelación para que o Concello poida atopar unha ocupación alternativa para eses días, evitando que as casetas estean baleiras durante o tempo de Mercadiño.
Procesos selectivos das prazas obxecto de estabilización emprego Lei 20/21, BOPPO 27/12/2022

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para traballador/a social.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para limpador/a.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para educador/a familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe persoal laboral.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe funcionario.

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de traballadora social

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de educadora familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de limpador/a. (5 de abril 2023)

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de operario de servizos múltiples. (5 de abril 2023)

>> Relación definitiva de persoas  admitidas e excluídas, para praza de limpador/a.

>> Nomeamento tribunal prazas limpador/a.

>> Nomeamento tribunal  para praza operario servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía: contratación de educadora familiar como persoal laboral fixo.

>> Resolución de Alcaldía: contratación de traballadora social como persoal laboral fixo.

>> Convocatoria exame operario/a de servizos múltiples

>> Resultado baremación praza operario/a servizos múltiples

>> Anuncio relativo ás prazas de limpadora por concurso

>> Resultado baremación praza de operario/a servizos múltiples concurso-oposición

>> Valoración de reclamación praza de operario/a de servizos múltiples

>> Nomeamento para a contratación de operario/a de servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía:  aprobación da bolsa de traballo de limpador/a.

>> Resolución de Alcaldía declarando a os/as limpiadores/as persoal laboral fixo.

>> Resolución de alcaldia  N2023-0993, nomeamento de tribunais.

>> Resolución de alcaldia  N2023-094, nomeamento de tribunais

>> Expediente: 339/2023: Anuncio resultado de baremación

>> Expediente: 341/2023   Resultado de baremación conserxe funcionario

>> Aprobación da bolsa de conserxe como persoal funcionario

Resolución de Alcaldía: Solicitude de ampliación de horario dos locais de hostalaría para a celebración de fin de ano
Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.

Bandos e avisos

Notas de prensa

O ORZAMENTO PARA 2024 RECOLLE 805.000 EUROS PARA O LIXO, A LIMPEZA DO SANEAMENTO E ACUAES

Unha modificación de crédito permite ao goberno local elevar a 1.114..841 euros as partidas dispoñibles para investimentos.

Vilaboa, 26 marzo 2024. A Corporación Municipal de Vilaboa aprobou onte cos votos favorables do goberno local un orzamento histórico para Vilaboa que alcanza os 4.226.076 euros e que recolle importantes partidas tanto para o contrato do lixo (530.000 euros) como para a limpeza e mantemento da rede de saneamento (220.000 euros) e unha aportación a ACUAES para extender a rede pública de auga desde Pontevedra ata Vilaboa. O orzamento contempla partida tamén para o estudio da mellora da eficiencia enerxética e do alumeado.

O remate da concesión coa actual empresa que presta o servizo de recollida de lixo levou ao goberno local a preparar xa o prego de condicións para sacar a concurso esta prestación que debido á inflacción da economía actual eleva o prezo das distintas unidades que deben atender as empresas que opten ao concurso.

O incremento reflexado por tanto no orzamento de 2024 polo pago do IBI de Autoestradas do Atlántico, que este aportará ás arcas municipais 413.000 euros máis, vese compensado polo gasto extraordinario que o Concello terá que asumir coa renovación do contrato do lixo.

Outra partida importante recollida no documento económico é a que corresponde ao servizo de limpeza da rede de saneamento e que ascende a 220.000 euros, xa que un correcto mantemento das tuberías contribúe a unha maior eficiencia deste servizo e, sobre todo, a evitar desbordamentos e filtracións.

A dotación dunha extensa rede de abastecemento de auga a todo o municipio é un dos retos que se prantexa o goberno local e que depende, en grande medida, da posta en marcha do ente supramunicipal liderado por ACUAES e que permitirá achegar ata Vilaboa a captación do río Lérez. Para participar neste proxecto o orzamento de Vilaboa recolle unha partida de 55.000 euros.

A modificación puntual do PXOM conta tamén cunha partida específica de 15.000 euros que facilitarán a súa tramitación para correxir erros puntuais detectados en diferentes aspectos do planeamento.

O orzamento recolle unha partida de 278.000 euros para diferentes investimentos no municipio, que se ve complementada cunha dotación de 836.841 euros provínte da modificación de crédito (remanentes de partidas do pasado exercicio) aprobada tamén na sesión plenaria de onte e que elevan a 1.14.841 euros a cantidade prevista para investimentos en obras, infraestruturas e mellora de servizos durante este ano 2024.

A FESTA DO MAR DE VILABOA INCORPORA UNHA CATA CON PREMIO AO SABOR, A INNOVACIÓN E A PRESENTACIÓN

Tres restaurantes locais prepararán as racións a base de mexillón, choco e ameixas xapónica e cornicha mantendo os prezos do ano pasado.

Vilaboa, 22 marzo 2024. O alcalde de Vilaboa, César Poza, e a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, presentaron o programa da Festa do Mar de Vilaboa, que este ano se consolida na súa terceira edición.

A promoción gastronómica irá ligada a un potente programa musical e mesmo actividades infantís xa que se trata dun evento para gozar en familia  coa Banda de Gaitas e Baile Aires de Cobres, Fanfarria Taquekardia e os Bregadiers.

De xeito consensuado coas mariscadoras e bateeiras, a Festa do Mar de Vilaboa celebrarase este ano os días 13 e 14 de abril, datas nas que “a ameixa e o mexillón están no mellor momento para o consumo”, explicou Carmen Gallego, que agradeceu tamén a colaboración dos restaurantes (A Casa de Rosa de Mazaroca, Casa Aurelia, A Garboa e Panadería Pastelería Os Laranxos),na elaboración das tapas que se servirán, e que manteñen os mesmos prezos do ano pasado (6 euros para a ameixa, 5 para o choco e 3,5 o mexillón). No recinto da carpa, instalada á beira do porto, estará tamén bar Chancho, completando a oferta gastronómica.

Producirase unha maridaxe dos produtos do mar cos viños da IXP Ribeiras do Morrazo, que estarán representados polas adegas Os Areeiros e Ardán. 

Entre os produtos a degustar a cornicha é a principal novidade deste ano e prestarase a novidosas presentacións. As datas elexidas este ano para a celebración da Festa do Mar coinciden precisamente coas mareas vivas, que favorecen o traballo de mariñeiros e mariscadoras.

A Festa contará tamén cunha cata na que o xurado estará integrado por bateeiras e mariscadoras que outorgarán tres premios ao sabor, a innovación e a presentación. 

Tanto César Poza como Carmen Gallego apostan por esta Festa como un evento para poñer en valor todo o que o mar de Vilaboa pode aportar á gastronomía galega e convidan á veciñanza da contorna a achegarse a gozar do programa das dúas xornadas festivas.

VILABOA ELABORA UN ORZAMENTO HISTÓRICO LASTRADO POLO GASTO DE SERVIZOS IMPROPIOS

César Poza reclama á Xunta que asuma servizos da súa competencia como o SAF ou o Centro de Saúde “con gastos que condicionan os investimentos locais.

Vilaboa, 21 marzo 2024.O goberno local de Vilaboa presentará ao pleno do luns un orzamento histórico que cun montante de 4.226.076 euros contribúe á protección social, a dinamización económica e mellora na prestación dos servizos. Destaca o incremento das partidas en persoal, investimentos, subvencións e gastos correntes grazas ao aumento das previsións de ingresos derivadas, en gran parte, do incremento en 413.000 euros do IBI que este ano aboará Audasa, tras 25 anos de bonificacións.

 

Sen embargo o goberno local alerta do lastre económico que supoñen para as arcas municipais servizos asumidos polo Concello que resultan altamente gravosos e deficitarios e que son competencia da Xunta de Galicia, coma o servizo de axuda no fogar, os custos de mantemento do Centro de Saúde ou do colexio do Toural, que ten ensino secundario.

No caso do SAF, o alcalde, César Poza, recorda que en municipios de menos de 20.000 habitantes é responsabilidade da administración autonómica a prestación deste servizo. En Vilaboa o seu custo por hora é de 20,53 € (IVE incluído) e a aportación da Xunta de Galicia é de 12 €, debendo asumir o restante o Concello e as persoas usuarias. “Tal situación xera que cada ano o Concello aporte máis recursos propios para facer fronte a estes custos. Ademais no pasado exercicio de 2022 a empresa que viña prestando o servizo rematou o seu contrato, co cal na negociación da nova prestación do servizo teremos que soportar aínda máis carga dado que o incremento de custos provocados pola conxuntura económica vaise trasladar ao prezo deste servizo, polo que o crédito da súa aplicación orzamentaria chega aos 377.000 euros”.

No capítulo de prestacións sociais cabe destacar tamén a inclusión de actividades para o envellecemento activo (5.000,00 €) e a partida para atender o cumprimento dos Plans de Igualdade de cidadanía e do propio Concello e o protocolo contra o acoso e para manter o servizo de transporte para as vítimas de violencia de xénero, apartados que contan cun importe total de 12.300 euros. Outro dos gastos deste capítulo é o pago a SOGAMA polo lixo xerado, aínda que a compostaxe en Vilaboa reduce cada ano a factura que para 2024 está prevista en 140.000 euros.

O orzamento recolle tamén un incremento de 128.200 euros para cubrir as retribucións do persoal recollidas na Lei 31/2022, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023, prorrogada no exercicio 2024 e os créditos correspondentes á aportación municipal para a contratación de persoal no marco dos programas de Cooperación da Deputación de Pontevedra e Aprol Rural.

 

No apartado de investimentos destaca a restauración do Muiño do Toxal, avance nos parques do Canaval en Figueirido e no de Riomaior, o mirador no Monte do Cabalo e a continuidade da rede de saneamento, entre outras moitas actuacións.

 

Itinerario enoturístico  e cultural baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da tradición vitivinícola da IXP Ribeiras do Morrazo

REPARTO DE COMPOSTEIROS
PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS

Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies