Biblioteca Servizos  
 

icoBiblioteca Municipal de Vilaboa Pechar e voltar a páxina principalvoltar a paxina principal

[SERVIZOS QUE OFRECEMOS]

entrada Servizo de consulta na sala

consultaA biblioteca pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuales, revistas, diarios oficiais, periódicos, etc. que poden ser consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector. A sala pode utilizarse para o estudio, ainda que non está permitida a reserva de postos.

Para ver as condiciones de acceso e normas pulsa aquí.

entrada Servizo de préstamo

prestamo

O préstamo é libre e gratuito pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo. Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo. Tamén contamos con anuarios, diccionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluir do préstamo.

Para ver as condiciones do servizo de préstamo pulsa aquí

entradaPrensa, revistas e publicacións oficiais

periodicosO acceso a este servizo é libre e gratuito. Non se permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista. Os periódicos do día son de libre acceso e se atopan nos expositores próximos ó mostrador.

Os periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.

Publicacións oficiais

Boletín Oficial dol Estado
Diario Oficial de Galicia
Boletín Oficial da Provincia

entrada Internet e ofimática

PC´sA biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet, un de eles reservado para consultas rápidas, e de unha impresora en rede. Estes equipos teñen instalados ferramentas de traballo informático tales como procesadores de texto e follas de cálculo.

 

PDF Normas de uso (40 KB)

Todos os ordenadores dispoñen dun programa de control de contidos.

entrada Sala de video e televisión

multimediaA biblioteca dispón de equipos de reproducción de DVD, CD-Rom e audio para a consulta dos seus materiais audiovisuales

 

 

entradaReprografía

reprografiaDispoñemos de fotocopiadora para a reproducción de documentos da biblioteca. En todo caso o seu uso farase conforme á Lei de Propiedade Intelectual.

En cumplimento de esta lei e co fin de garantizar a conservación dos fondos bibliográficos, o usuario poderá obter ata un máximo de 20 fotocopias directas dunha mesma obra, sempre e cando sexan posteriores a 1958 inclusive, e nunca máis dun tercio da obra reproducida, en calquer caso, e que se atope en bo estado de conservación, a xuizo do/a bibliotecario/a responsable do fondo.

Dispoñemos do servizo de impresión, grabación e escaneo de imáxes e/ou texto en formato DIN A4.

Tarifas : Consultar na biblioteca

entradaSalón de actos

Conferencias, reunións, ensaios, actuacións musicais, festivais, bailes, teatro...

entradaSala de seminarios:

Obradoiros, cursos, salas de exposicións,...

entradaAsociacións culturais :

Punto de Encontro, sede de asociacións,...


subir

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos