Concello de Vilaboa

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

Actualidade

Descargar bases.

Descargar .pdf

Descargar .pdf

Taboeiro de anúncios

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACION TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA

O Concello de Vilaboa obtivo unha axuda da Deputación de Pontevedra para contratación de 7 persoas desempregadas por importe de 109563,65 para contratos de mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

A solicitude de persoas candidatas farase a través da oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra, tal e como marcan as Bases BOPPO 03/01/2024 Plan + Provincia liña 3 – Activación do emprego 2024, no capítulo III.

Bases

Normas para o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes.

O Concello de Vilaboa organiza o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes, para acompañar ao alumeado de Nadal que organizan os  veciños e veciñas deste barrio.

O Mercadiño de Nadal consistirá nunha carpa que conterá casetas, nas que poder ofertar produtos de agasallo, artesanía, alimentación e outros, por veciños e veciñas ou entidades do Concello de Vilaboa que de xeito voluntario se presten a participar no mesmo e teñan dedicación de xeito profesional ou afeccionado a fabricación e/ou venda de tales produtos.

Para a realización do mercadiño o Concello pon a disposición das persoas que van a ofertar os seus produtos nesta edición 5 casetas de madeira desmontables, con teito impermeable e superficie a ocupar de 5 metros cadrados, dimensións totais de 2.76 metros de frontal, 2.28 metros de fondo e 1.80 metros de altura, con dúas portas frontais que abren totalmente e equipadas con enganche de luz e toma de corrente. A sexta caseta está reservada para que a comisión organizadora do alumeado de Nadal de Paredes poida ofertar alimentos e bebidas quentes ao público que acuda a ver o mercadiño e o alumeado.

O Concello abre dende o día de hoxe o prazo e ata o 24 de novembro, para que as persoas residentes en Vilaboa que realizan algún tipo de traballo artesá poidan optar a unha destas casetas. A inscrición é a través de e-mail, no seguinte enderezo: dinamizacion@vilaboa.org

As casetas préstanse gratuitamente por parte do Concello e, si existira máis demanda de casetas ca oferta existente, se decidirá o seu outorgamento en rigoroso orde de entrada da solicitude. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir espazos, como nos anos anteriores, procurando non deixar a ninguén que queira acudir ao Mercadiño fora del. Dado que son un total de 16 días os que vai durar o Mercadiño, tamén será posible que algunhas das persoas interesadas poidan facer instalacións puntuais dentro da carpa e fóra das casetas si non se poden comprometer a manter aberta unha caseta durante os 16 días continuados.

O Concello ambientará, con axuda das persoas participantes as casetas e o mercadiño, con iluminación decorativa e música ambiente e fará promoción en redes sociais para favorecer a participación e que as casetas teñan actividade ao longo de todo o tempo que dura o Mercadiño.

É obriga das persoas usuarias das casetas mantelas nas mesmas condicións en que as reciben ata o remate do Mercadiño de Nadal, como segue:

  • A caseta está baleira, sen mobiliario, que deberá ser aportado polas persoas usuarias.
  • A caseta poderá decorarse cos motivos que cada persoa usuaria considere, sempre e cando esta decoración poida quitarse de xeito sinxelo e non altere as condicións da caseta, por este motivo está prohibido empregar puntas ou pegamentos.
  • Unha vez rematado o Mercadiño a caseta terá que ser desaloxada a máis tardar o día 7 de xaneiro, verificando o Concello o estado da caseta.
  • As persoas usuarias que deixen produtos de valor na caseta durante o tempo en que permaneza pechada ou polas noites, son responsables do seu contido.
  • O horario do Mercadiño de Nadal será en días laborais de tarde, e en días festivos e sábados e domingos de mañá e de tarde, a concretar entre o Concello e as persoas adxudicatarias.
  • Durante este horario, si algunha das persoas usuarias non pode atender a caseta que ten asignada en algunha data, deberá avisar cando menos con dous días de antelación para que o Concello poida atopar unha ocupación alternativa para eses días, evitando que as casetas estean baleiras durante o tempo de Mercadiño.
Procesos selectivos das prazas obxecto de estabilización emprego Lei 20/21, BOPPO 27/12/2022

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para traballador/a social.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para limpador/a.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para educador/a familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe persoal laboral.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe funcionario.

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de traballadora social

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de educadora familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de limpador/a. (5 de abril 2023)

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de operario de servizos múltiples. (5 de abril 2023)

>> Relación definitiva de persoas  admitidas e excluídas, para praza de limpador/a.

>> Nomeamento tribunal prazas limpador/a.

>> Nomeamento tribunal  para praza operario servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía: contratación de educadora familiar como persoal laboral fixo.

>> Resolución de Alcaldía: contratación de traballadora social como persoal laboral fixo.

>> Convocatoria exame operario/a de servizos múltiples

>> Resultado baremación praza operario/a servizos múltiples

>> Anuncio relativo ás prazas de limpadora por concurso

>> Resultado baremación praza de operario/a servizos múltiples concurso-oposición

>> Valoración de reclamación praza de operario/a de servizos múltiples

>> Nomeamento para a contratación de operario/a de servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía:  aprobación da bolsa de traballo de limpador/a.

>> Resolución de Alcaldía declarando a os/as limpiadores/as persoal laboral fixo.

>> Resolución de alcaldia  N2023-0993, nomeamento de tribunais.

>> Resolución de alcaldia  N2023-094, nomeamento de tribunais

>> Expediente: 339/2023: Anuncio resultado de baremación

>> Expediente: 341/2023   Resultado de baremación conserxe funcionario

>> Aprobación da bolsa de conserxe como persoal funcionario

Resolución de Alcaldía: Solicitude de ampliación de horario dos locais de hostalaría para a celebración de fin de ano
Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.

Bandos e avisos

Notas de prensa

CÉSAR POZA DESTACA A CONSOLIDACIÓN DA FESTA DO MAR E AGRADECE A RESPOSTA DOS COMENSAIS

Na entrega dos diplomas aos premiados no Concurso de Catas, o alcalde valorou tamén a participación dos artesáns de Vilaboa.

Vilaboa, 14 de abril 2024. O alcalde de Vilaboa, César Poza, aproveitou o momento da entrega de diplomas aos establecementos gañadores do Concurso de Catas da Festa do Mar de Vilaboa para agradecer a implicación do conxunto da cidadanía cun evento xa consolidado e que busca poñer en valor tanto o produto da ría como o traballo da Confraría, de mariscadoras, mariñeiros e bateeiras. Representantes destes sectores formaron o xurado que determinou os premios nesta edición e fixeron entrega dos diplomas a cada entidade gañadora.

Tanto César Poza como Carmen Gallego, concelleira de Dinamización Económica, destacaron que o excelente respaldo do público a esta festa, nunha edición na que se duplicou a capacidade da carpa e os restaurantes participantes triplicaron a cantidade de produto solicitado á Confraría en previsión dunha afluencia superior á da pasada edición. “A falta das cifras finais que nos permitan facer balance con cifras, sabemos que a xente se vai moi satisfeita e ata sorprendida tanto polo sabor dalgunhas tapas como polo resultado da mestura de sabores”, apunta Carmen Gallego, convencida de que esta Festa é “moi necesaria; o sector necesitábaa e demandabaa e agora comprobamos que a cidadanía tamén”.

César Poza agradeceu tamén o compromiso tanto con esta Festa como con outros eventos organizados polo Concello de Vilaboa dos artesáns locais, representados na carpa por Cachiboreta, o obradoiro orfebre Hedra de Pilar Blanco e Errre3, con artigos de impresión dixital. “Deixades moi alto o pavillón local e demostrades cada día o potencial creativo de Vilaboa”, engadiu.

A patrona maior da Confraría de Vilaboa Maricarmen Cortegoso Gómez, Mari González Piñeiro e María José Castro Gómez foron as encargadas de entregar os diplomas na categoría de Mellor Sabor ás tapas do restaurante A Garboa;  á Mellor Presentación á  tapa de mexilóns en escabeche de A casa de Rosa de Mazaroca e o premio á Innnovación á panadería e pastelería Os Laranxos pola súa empanada  de mexilóns con chourizo.

A actuación de Os Bregadiers puxo a nota musical á xornada.

 

O XURADO PREMIA O SABOR DE A GARBOA, A INNOVACIÓN DE O LARANXO E E PRESENTACIÓN DA MAZAROCA

A Festa do Mar de Vilaboa renova esta noite e mañán o turno de degustación do produto local complementado cun amplio programa musical.

Vilaboa, 13 de abril 2024. O xurado, composto pola patrona maior da Confraría de Vilaboa Maricarmen Cortegoso Gómez e polas bateeiras locais Mari González Piñeiro e María José Castro Gómez, coa participación do alcalde César Poza como secretario, escolleu este mediodía as tapas gañadoras da cata organizada na carpa da Festa do Marisco de Vilaboa.

Na categoría de Mellor Sabor resultaron gañadoras as das tapa do restaurante A Garboa;  o premio á Mellor Presentación recaeu na tapa de mexilóns en escabeche presentado por A casa de Rosa da Mazaroca mentras que o premio á Innnovación foi para a panadería e pastelería Os Laranxos pola súa empanada  de mexilóns en escabeche. 

Os stands degustación volverán a abrir esta noite e mañán domingo ao mediodía con  tapas a prezos populares: de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros está a ameixa. Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Destaca este ano a variedade de sobremesas que ofrece o stand dulce para completar o menú a cargo de Os Laranxos. E xunto aos produtos do mar están os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán.

O programa musical, aberto pola banda de gaitas e baile “Aires de Cobres” continuará hoxe às 21 horas con Fanfarria Taquekardia e mañán coa actuación de Os Bregadiers ás 13 horas.

Tanto o alcalde de Vilaboa, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza da contorna a achegarse  a San Adrián e gozar tanto da variedade de produto extraído das augas da ría como da calidade na elaboración que ofertan os restaurantes locais, a quenes o goberno local agradece a súa implicación con esta Festa que ten como obxetivo “a posta en valor dun sector, o do mar, cun peso importante en Vilaboa e que ten que enfrentar moitas dificultades”.

OS RESTAURANTES DA FESTA DO MAR TRIPLICAN A PETICIÓN DE PRODUCTO PARA ATENDER A PREVISIÓN DE DEMANDA

Os tres locais conxugarán tradición e innovación para sorprender aos comensais que se acheguen os días 13 e 14 de abril ao adro de San Adrián.

Vilaboa, 8 de abril 2024.

O Concello  ultima xa o programa da Festa do Mar de Vilaboa  que se instalará de novo no adro de San Adrián de Cobres para amosar a fortaleza do sector local a través dun evento gastronómico que terá lugar esta fin de semana, os días 13 e 14 de abril para garantir a máxima calidade do mexillón, da ameixa e do choco. 

Serán tres os restaurantes locais encargados das degustacións, elaboradas a partir do produto recollido para este evento pola Confraría de Vilaboa. A Garboa, A casa de Rosa de Mazaroca e Aurelia poranse aos fogóns para preparar as tapas de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros estará a ameixa, tanto a xapónica como a cornicha. Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Este ano, como novidade, haberá stand  cafetería da man do bar Chancho e repetirá tamén o posto doce para completar o menú con panadería pastelería Os Laranxos.

Os tres restaurantes triplicaron a petición de produto á Confraría con respecto á edición do ano pasado, na que a afluencia de comensais esgotou as racións elaboradas   impedindo atender a alta demanda concentrada na carpa. Os equipos de cociña de cada un dos locais de restauración ofertarán por tanto pratos tradicionais con innovacións culinarias capaces de sorprender.

E xunto aos produtos do mar compartirán protagonismo e promoción os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán. 

A comisión organizadora, na que ademáis do Concello están as mariscadoras, mariñeiros e bateeiras, será a que realice a cata das elaboracións dos restaurantes participantes, con premios para a Innovación, o Sabor e a Presentación; prantexando para este ano o novo reto de sorprender ao público en xeral conxugando elaboracións tradicionais con pratos máis atrevidos.

 

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies