Historia Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoBreve reseña histórica de Vilaboa entrada Patrimonio Etnográfico

entrada Patrimonio Relixioso

entradaHai asentamentos dende tempos moi remotos que deixaron abundantes vestixios megalíticos na zoa da Lagoa de Catiñeiras.

mamoa do rei
aumentar
Mámoa do Rei en Castiñeiras

Mámoa con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. No camiño que rodea ó lago.
04.59.10W 42.21.40N
Datación aproximada: 3.000 A.C.
Restaurado e reconstruido no 2003:
Completan o conxunto 8 mámoas pertencentes ao neolítico e situadas nos arredores do lago Castiñeiras



Mámoas de Chan da Cruz

PDF
(1.904 KB) Excavacións no lugar da Chan da Cruz nos anos 1972 e 1983-84

Excavación chan da Cruc


entrada O Castro máis popular e coñecido da localidade é o de “Monte da Croa” (no lugar de Acuña), que conta con murallas e no que apareceron numerosos utensilios de uso caseiro.

entrada Da época romana quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido

entrada Durante o medievo o seu teritorio estivo atravesado polo Camiño Portugués: Quedán desta época: a Igrexa Románica de Vilaboa (Moi modificada) e a cimentación do Castelo de Santo Adrián de Cobres.

Igrexa de San Martiño de Vilaboa
aumentar
Igrexa de San Martíño de Vilaboa

A primitiva igrexa data de 1387 foi ampliada nos anos 1673 e 1859.

Conserva dous fermosos capiteis do século XII decorados a base de motivos vexetais, zoomorfos e antropomorfos.

Localización:
O lado da Casa do Concello, no Toural (Parroquia de Vilaboa)





Castelo de Ubeiras
aumentar
Castelo de Ubeiras

Situado nolugar do “Castillo”, é de estilo medieval, situando a data da sua construcción nos séculos XIV e XV.
Do Castelo de Ubeiras hoxe só se conservan os cimentos e parte dos muros, froito da súa destrución a mans da armada anglo-holandesa na batalla de Rande de 1702.



 

entradaNa época moderna (século XVIII), esplotáronde as Salidas do Ulló. Estas salinas comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galiza, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.
Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

Molino de Mareas en Las Salinas del Ulló
aumentar
Salinas do Ulló (Muiño de Mareas)

Vista parcial do Muiño de Mareas nas Salinas do Ulló

Localización: En Paredes (pista que une este barrio con O Toural)


 

entradaO suceso histórico máis relevante ven da man da Batalla Naval de Rande, no ano 1702.
aumentar.

entrada Durante o Antigo Réxime o seu territorio de Vilaboa pertencía a xurisdición de Pontevedra, señorio do arzebispado de Santiago de Compostela.
En 1821 naceron os concellos de Cobres e Vilaboa, fusionados a partir de 1835.

entrada A destacar as movilizacions do Pobo de Vilaboa en "tempos recentes":

"E esta unha pequena mostra da historia recente do noso concello, historia tinguida pola loita pola dignidade e a honra do noso pobo,  pois unha homenaxe, un recordo visto non dende o odio ou o resentimento  senón dende o orgullo e a admiración."

Conflicto da Autoestrada". finais 70 - principios 80. Reivindicacións e moviliazacións veciñais para esixir melloras na infraestructura, pontes, pasos, afeccións,...

Fonte: J. L. V. B. ( C.E.P de RIOMAIOR)
revuelta en la carretera disturbios en la carretera concentracion ciudadana
disturbios carretera autoridades conflicto en la carretera manifestacion carretera

Conflicto da "empacadora", nas parroquias de Bértola e Figueirido anos 97-99.

Enpacadora Empacadora Empacadora

 

subir

 

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos