Lugares con encanto Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoLugarescon encanto ...en Vilaboa
entradaCastiñeiras-Cotorredondo
entradaAs Salinas do ulló
entradaA Canteira das Lapas
entradaPraias

entrada...Pasando por debaixo da Ponte de Rande, destacada obra de enxeñería moderna que cruza a Ría de Vigo, podemos entrar no municipio de Vilaboa, situado ó fondo de dita Ría de Vigo, coa desembocadura do Río Verdugo na súa orixe.

entradaA costa ofrece a súa remodelada praia de Deilán, en Santa Cristina de Cobres e, no seu interior, o cumio do monte de Figueirido co mirador de Cotorredondo, impresionante polas súas amplas vistas, podendo chegar a ver as Illas de Sálvora, a Ría de Arosa, Ons en Pontevedra e Cíes en Vigo.

entradaVilaboa ten unha situación privilexiada por atoparse entre as cidades máis importantes da provincia: Pontevedra e Vigo.

entradaAs súas igrexas parroquiais son de estilo románico e sobresaen diversos "CANASTROS" espallados polas distintas parroquias, todos con máis dun século de existencia.

entradaA Historia do Municipio está intimamente ligada a dous feitos fundamentais, o do estreito, onde se librou a coñecida batalla de Rande coa armada Anglo-Holandesa e a instalación das coñecidas salinas do Ulló, unidas ó colexio dos Xesuítas e situadas na mesma ensinada.

entradaAs súas FESTAS máis destacadas son as do Entroido, con bailes de Madamas e Galáns e a " Corrida do Galo ".

Lagoa de Castiñeiras
Mirador de Cotorredondo

aumentar

entradaParque Natural de Cotorredondo

Podemos acceder a cotorredondo dende a N-550, a altura de Figueirido (Cruce indicado Cotorredondo):

Enlace Google Maps.

A zona de Cotorredondo cunha altitude de 550 metros sobre o nivel do mar, é un dos máis fermosos parques da rexión e coa mellor situación xeográfica.

A súa gran amplitude esténdese polo territorio de Vilaboa , Marín e Moaña. Nesta parque natural atopámonos co famoso Lago de Castiñeiras, pertencendo a metade ó noso municipio e a outra metade a Marín.

Moi cerca, a uns dous Km e na mesma altitude, álzase desafiante  o mirador de Coto Redondo que está totalmente ubicado nos termos de Vilaboa, dende onde podemos ollar a ensinada de San Simón na ría de Vigo e no seu extremo oposto a ría de Pontevedra, podendo divisar tamén a ría de Arousa nos días claros.

 


Ampliar Información.

A destacar : AULA DA NATUREZA DE COTORREDONDO. : www.cotorredondo.net


subir

Vista das Salinas do Ullo
entrada("Banca darriba") Muro Sur
Salinas
entradaVista dende ("Banca dabaixo") Muro Norte
salinas
entradaVista dende o muro Oeste
Salinas do Ulló
aumentar

entradaAs salinas do Ulló


Os restos das antigas salinas existentes en Vilaboa do Morrazo están situadas no barrio de Paredes.

Enlace con Google Maps.

Para achegarnos, basta con coller un ramal que une Paredes con O Toural (pasando literalmente por enrriba das salinas) .

Ditas salinas están encravadas nun baixo val chamado do Ullóo ou Ulló, denominación que actualmente circunscríbese a esta zoa de Paredes, pero que dende antes do ano 1600 deuse a denominación de Ulló a todo o val próximo e paralelo a costa do municipio que se estende dende o extremo desta, en Paredes, ata a pequena praia de Larache en Sta. Cristina de Cobres.

Componse de partes de horta, bosques de pinos, carballos, salgueiros, abeneiros, prados e pastos de xuncos.

Os antecedentes das Salinas de Ulló remóntanse ao reinado de Felipe IV no século XVII cara o ano 1637.

Estas salinas comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galiza, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.

Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

Cara o sur e nun chan tremendamente descoidado, existe unha casa de pedra de 2 corpos, separada cara o este da anterior, que foi vivenda dos caseiros ou criados. Entre ambos edificios existen vestixios o que foi xardín e horta principal.

Ampliar Información




subir

 

Canteira das Lapas
aumentar
entradaA Canteira do alto das Lapas


Os restos dunha canteira, dan lugar a un área de esparcemento, xusto ó fondo da Ría de Vigo no barrio de Paredes.

Enlace con Google Maps.

Para achegarnos, desviamonos da N-550 por un desvio que vai cara a Pontesampaio, e a 200 m. xirando a esquerda entramos nunha explanada (excelente mirador da ría), e se miramos a dereita, podemos ver a Canteira das Lapas, amplo espacio con unha lagoa artificial, área de recreo, e o máis destacado: podemos visitar os diferentes socalcos da Canteira , grazas ós camiños e varandas instalados..

subir

Praia Deilan
aumentar

Praia  Areeiro (Paredes)
aumentar

entradaPraias


En Santa Cristina:Praia de Deilán, o lado do peirao

En Paredes: Praia do Areeiro

Varias calas ó longo dos casi 9 Km de costa.

 

 

 

 

subir


 
[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos