

ANTECEDENTES
A xestión do lixo leva unha serie de inconvenientes que aumentan considerablemente a factura do lixo. Vilaboa ten un déficit do 60% na factura do lixo.
- Gastos de transporte : aumento da periocidade da recollida, aumento da factura de URBASER
- Mestura de residuos: aumento da factura se SOGAMA
- Incineración e vertedoiros: práctica moi contaminantes e irreversibles
- Perda dun recurso aproveitable
O Concello de Vilaboa se adheriu ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, na busca dunha mellora económica, e sobre todo dunha mellora do Medio Ambiente, coa que iniciemos un camiño á sustentabilidade no desenvolvemento do noso municipio.
https://www.depo.gal/es/plan-compost-revitaliza/que-e-o-compost

Vantaxes da compostaxe:
- Aforramos na recollida do lixo.
Estímase que entre o 40% e o 50 % dunha bolsa de lixo doméstico está formada por refugallos orgánicos.
- Melloramos a reciclaxe do resto dos materiais do lixo.
- Aforramos en fertilizantes.
- Contribuímos a reducir a contaminación.
- Melloramos a saúde da terra e das plantas.
LEXISLACIÓN:
LEY 22/2011, de xulio, de residuos e solos contaminados.
Artigo 22. Obxectivos específicos de preparación para a reutilización, reciclado e valorización.
“Antes do 2020, a cantidade de residuos domésticos e comerciais destinados á preparación para a reutilización e a reciclaxe para as fraccións de papel, metais, vidro, plástico, biorresiduos ou outras fraccións reciclables deberá alcanzar, en conxunto, como mínimo o 50% en peso.”)
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2011-13046
SEPARA E RECICLA:
Reciclar é darlle unha nova vida aos envases, reducindo o consumo de recursos e a degradación do planeta.
COLECTOR ENVASES
Por 40 botellas de PET fabrícase un forro polar; con 550 latas de conserva unha cadeira; con 22 botellas de plástico faise unha camiseta; …
Neste colector vai:
- Envases de plástico
- Briks
- Latas
- Bolsas de plástico
Non botar:
- Xoguetes de plástico
- Biberóns e chupetes
- Cubos de plástico
COLECTOR PAPEL/CARTÓN
Con 8 caixas de cereais faise un libro
Neste colector vai:
- Revistas
- Caixas de cereais, de zapatos...
- Xornais vellos
Non botar:
- Briks
- Servilletas de cociña ou papeis sucios (deben ir no composteiro)
COLECTOR VIDRO
Reciclando 3 botellas de vidro, aforramos :
- máis de 1 kg de materia prima,
- reducimos 1 kg de lixo que vai ao vertedoiro,
- evitamos a emisión de 1 kg de CO2 á atmosfera,
- aforramos a enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada de baixo consumo durante 9 días.
Non botar:
- Lámpadas
- Espellos, cinceiros, vasos
COLECTOR ACEITE DOMÉSTICO
¡! Verter os aceites polo fregadoiro ou inodoro é unha PRÁCTICA ANTI-ECOLÓXICA¡!
Os desaugadoiros das nosas casas son importantes focos de contaminación de ríos, lagos e mares.
- 1 litro de aceite doméstico, contamina 1.000 litros de auga.
COLECTOR PILAS
- Pódense atopar nos centros de saúde, casas de cultura e na casa do Concello.
COLECTOR DE RESTO
Neste colector só se debe depositar obxectos de pequeno volume que non se poidan reciclar ou compostar.
COMPOSTEIRO
“O 42,36% da bolsa do lixo en Galicia son biorresiduos, ós que habería que engadir un 9,72% máis procedentes de xardíns, podas, céspedes e residuos verdes de finca.”
- Vantaxes:
- Aforramos en fertilizantes.
- Aforramos na recollida do lixo.
- Contribuímos a reducir a contaminación.
- Melloramos a saúde da terra e das plantas
- Melloramos a reciclaxe do resto de materiais do lixo.
PUNTO VERDE “O CABALO”

Mediante un convenio coa Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, creouse o primeiro Punto Verde Municipal. Aproveitouse a antiga explanada do campo de tiro, converténdose na zona de Compostaxe Municipal e depósito de restos vexetais (poda, desbroce,etc) tanto de xardíns e parques do Concello, como de todos os veciños de Vilaboa.
O compost formado utilízase para as plantacións de árbores e mantemento de xardíns do Municipio.
Dunha maneira cómoda e sinxela:
Hai 3 zonas diferenciadas
- Depósito de ramas (material seco)
- Depósito de material verde (herba; poda de ortensias, cipreses, …)
- Está prohibido verter bolsas de plástico, enseres domésticos, madeiras tratadas.

Atención de dudas e consultas telefonicamente ou a través do correo electrónico:
Correo electrónico: medioambiente@vilaboa.org ou info@vilaboa.org
|