 Recentemente restaurados e postos en valor, un conxunto muiños tradicionais (muiños de cubo), xunto cos antigos pasos e sendeiros de comunicación, están para ser visitados no Rego do Portiño, afluente do Rio Maior
A "senda verde", perfectamente delimitada, guíanos por unha paisaxe maxestuosa, a ámbolos lados do Río, percorrendo un total de 15 muiños.
Este percorrido foi o resultado dun Obradoiro de Emprego no ano 2006 ,no que se rehabilitaron por un lado de 14 dos 30 muiños que se atoparon ó longo do río Maior e o acondicionamento da senda que os percorre na súa totalidade.
O resto do percorrido, rematarasé no ano 2007 coa segunda parte do Obradoiro, que incluirá a totalidade dos muiños.
O punto de "arranque" S, está situado no inicio da senda.
Para chegar a ela, temos que coller a N-554, ata Riomaior ( é doado situarse porque hai unha gran ponte da autopista a beira da carretara), e dende ahí, seguir pola carrretara da Cardiña - Paradellas seguindo o mapa seguinte:
|