OMIX Vilaboa Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoOficina Municipal de Información Xuvenil
entradaOnde estamos entradaDe Interese... entradaActividadedes Fotografía

 

A OMIX de Vilaboa...

A Oficina de Información Xuvenil abre as sùas portas para sair à rùa e ser portavoz da xuventude facèndoa participe de todo o que nela se desenvolve.
Sen deixar de ser un recurso de información, consulta e asesoramento en cuestiòns de: - Actividades: de tempo libre, culturais, deportivas, educativas, de medio ambiente... - Axudas e subvenciòns - Emprego pùblico e privado e oposiciòns. - Bolsas e axudas ò estudio. - Xornadas, congresos, seminarios, ferias, cursos... - Premios e concursos. - Carnè xove - Turismo Búscase que a xuventude sexa a protagonista da oficina, de xeito, que participe opinando e aportando as sùas ideas xa ven a travès do correo electrónico como acercándose à oficina. Para isto se pretende acercar este servicio ós destinatarios poñendo en marcha as “OMIX de Barrio” en Bèrtola, Picho e Riomaior.

[ONDE ESTAMOS]

Estamos na última plánta do Concello, ó final das escaleiras de frente, porta dereita.

Para contactar con nós:
omix@vilaboa.org  ou  986 708 215 / 986 708 252

 

subir

[DE INTERESE]

Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil:

www.rix.org

Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

www.xunta.es/conselle/fm/index.htm

subir

 

[ACTIVIDADES]

.................VER PORTADA

 

 

 

entrada CERTAME DE FOTOGRAFÍA “NATUREZA, ETNOGRAFÍA E PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO CONCELLO DE VILABOA”

Os gañadores do certamen son os seguintes:

1º PREMIO (240 euros)
AMENCER EN EQUILIBRIO………………………………CARMEN CASTRO GONZÁLEZ “A beleza é tan fráxil e nós tan imprudentes...”

2º PREMIO (120 euros)
ENTRE ÁRBORES ……………………………………………ALEJANDRO CARDOSO OSORIO

3º PREMIO (60 euros)
“VILABOA, ENTRE LUSCO E FUSCO”……………ANXO CORTEGOSO CASAL
“Vilaboa e o mar. Foto cedida polo noso mar no peirao de San Adrián”

ACCÉSIT (30 euros)
ENTRE ROCHAS ………………………………………… ALEJANDRO CARDOSO OSORIO
VENTUS…………………………………………………….… MARCOS DIOS ALMEIDA


“Interior da primeira exclusa no muro sur das bancas de paredes, esteiro de Ulló (Paredes). Ao fondo aparece a albufeira iluminada e difuminada, en contraste coa escuridade do buraco da exclusa e o detalle e cor saturada do muro exterior en primeiro plano

 OMIX Vilaboa  OMIX Vilaboa

entrada CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL

Outro ano máis a OMIX organizou o Concurso de Postais de Nadal, en colaboración cos centros educativos CPI Toural e CEP Riomaior.
A postal elixida éa oficial coa que o concello felicita estas datas.

Nadal 06

Este ano resultou gañadora a elaborada por Lara Álvarez Ruibal do colexio CPI Toural.

entrada OBRADOIRO DE MAXIA

A OMIX organiza este obradoiro dirixido a mostrar ós participantes os trucos da maxia e a convertelos nuns verdadeiros magos este nadal.

Requisitos:
• Idade: 8 a 13 anos.

Horario:
Na Casa de Cultura de Riomaior:
• Vacacións de Nadal: martes e xoves de 16.30 a 18 h.
• Sábados pola mañá: 10.30 a 12 h.

Dotación:
• Custo: 6 euros

Para anotarte, acércate á OMIX do Concello de Vilaboa. Toural, s/n – 36141 – Vilaboa(Pontevedra) Tfno. 986 708 215. Web: www.vilaboa.org. E-mail: omix@vilaboa.org

entradaACTIVIDADES CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO

O sábado 25 de novembro con motivo do “ Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, o Concello de Vilaboa organizou un acto co que pretendeu dar por finalizada a campaña de actividades que puxera en marcha.

Ás 18 h. comezou a espectáculo de contacontos dirixido ó público infantil a cargo de Fredi co conto “Un día de treboada”, no que se trataba de modo transversal a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Unha vez finalizou o contacontos pasouse á entrega de premios dos concursos que se puxeran en marcha:

◊ Concurso escolar “Ela merece unha homenaxe” dirixido ós/ás alumnos/as de Primaria dos centros de ensino. Que gañou Lucía Fernández García coa carta na que propuña para ser homenaxeada á súa bisavoa Concepción Blanco Otero, á cal se lle fixo unha homenaxe e a entrega dun agasallo.

◊ Concurso de fotografía “Olladas de muller” co cal co cal o Concello de Vilaboa quere ofrece-la oportunidade de mostrar, a través de imaxes, o traballo ou a presenza das mulleres en calquera ámbito da vida.
Resultou gañadora a foto “Prisionera en mi espíritu interior” de Ana Fervenza Cortegoso.

 OMIX Vilaboa  OMIX Vilaboa
 OMIX Vilaboa  OMIX Vilaboa
 OMIX Vilaboa  OMIX Vilaboa

subir

 

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos