Patrimonio etnográfico Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoPatrimonio etnográfico de Vilaboa

Existe unha verdadeira colección de elementos arquitéctónicos "singulares" no termo municipal de Vilaboa, algúns deles verdadeiras "xoias singulares" dada a súa rareza.

Entre estas xoias podemos citar as "Salinas Do Ulló", O "Forno do Cal",a "Paneira da Rectoral de San Adrián de Cobres",...

O número, a variedade e arquitectura dos canastros existentes no termo así coma o seu magnifico estado de conservación constitúen sen lugar a dúbidas a unha grande riqueza monumental.

Sin entrar a detallar tódolos elementos aquitéctónicos, pomos como exemplo os segintes:

entradaPaneira da Rectoral de S. Adrián de Cobres entradaCasa Rectoral de S. Adrián de Cobres
entradaForno do cal entradaMuiños de Rio Maior
entradaCasa Rectoral de Sta. Cristina de Cobres entradaPazo de Larache
entradaCasa Rectoral de Vilaboa entradaCanastro da Casa Rectoral de Vilaboa
entradaCasa Rectoral de Figueirido entradaCasa Barreira
entradaCasa Rectoral de Bértola entradaCruceiros e petos de ánimas.
entradaAs salinas do Ulló.  
------------------------------------------------------------------------

entradaPaneira da Rectoral de San Adrián de Cobres

Paneira de CobresUn dos edificios mais interesantes da península do Morrazo.
É un canastro de dous pisos, construido no 1772.
A suá contrucción realízase sin postes empregando muros de carga, sobre os que se apoian grandes laxes de pedra. (este mismo tipo de construcción podemos admiralo nos sotanos do mosteiro de Poio, ou no Edificio Sarmiento no munseo de Pontevedra).
A cuberta está asentada en madeira.


aumentar Localizacion : San Adrián, no Igrexario Parroquial.

entradaCasa Rectoral de San Adrián de Cobres

Rectoral de san Adrián de Cobres

Casa de planta rectangular, sillares de pedra e cornisa, estilo Barroco, do século XVIII. Actualmente está adicada
a hostelería.

Conta cun patio de entrada onde está a enorme paneira e a capela. A escaliera interior cuonta cun arranque labrado en pedra. A capela, de pequenas proporcións, é de planta rectangular e pertence, tamén ó século XVIII.

Rectoral de cobres Conserva unha escaleira orixinal no interior. Destacan dúas balconadas, unha aberta ó sur e outra ó oeste, soportadas por monumentais ménsulas labrada en dúas pezas de tamaño desigual. Solainas con forxas. Porta principal recercada de molduras acodadas. Nas súas proximidades están a paneira principal e secundaria, un pombal, un poleiro e a Capela de San Andrés.
Antigamente dispuña dunha longa canle de pedra que transportaba a auga que alimentaba a “horta do cura”, transformada hoxe en un campo de futbol. Diante do portón de entrada está o canastro.


Localizacion : San Adrián, Lugar de Santradán, no Igrexario Parroquial.

entradaForno do cal

Forno do CalSituado nun enclave natural de excepcional beleza, atópase perto do Estreito de Rande. Pasando por debaixo da Ponte de Rande pola N-554 dirección Pontevedra, a uns 500 mts. atoparemos un desvío que nos leva por unha pista semi-asfaltada cara a liña costeira. Collendo ese desvío ata o seu remate (á beira do mar) pódese ollar perfectamente á beira esquerda este singular elemento.

O forno de cal de Cobres (ou caleira) é unha construcción de forma tronco-piramidal realizada en pedra do país finamente labrada. Acada os 7 mts. de altura por 7’5 mts. de diámetro exterior na súa base, e vaise estreitando paulatinamente cara arriba ata rematar na súa parte superior nunha abertura circular de 2’5 mts. Na súa parte baixa frontal amosa uns saíntes cara afora chamados “brazos”, debaixo dos cales atopamos unha porta de acceso cuberta por un arco de medio punto.
Na parede Norte, amosa outra porta de acceso cuadrangular á que se accede mediante unha escalinata de pedra exterior de dous tramos. Exterriomente, semella unha especie de gran cheminea.No interior, dispuña dunha especie de “zapata” sobor da que se poñían as pedras calizas que posteriormente eran calcinadas mediante longos procesos de cocción. Estas pedras eran colocadas en “fiadas” que se ían estreitando cara arriba ata rematar nunha especie de falsa bóveda interior, pasando posteriormente a almacenar na parte baixa materiais combustíbeis ós que logo prendíaselles lume.
Do proceso de “cocción” posterior obtíase a cal que logo era vendida e dirixida principalmente á industria da construcción.
Destacar asimesmo o pequeno peirao de pedra que se atopa ò seu carón e que albergada as descargas das pedras calizas traídas en barcos e dos referidos materiais combustibles necesarios para o proceso de transformación.
Constitúe un fenómeno único do  patrimonio etnográfico galego tanto pola escaseza deste tipo de elementos coma pola  fasquía e material empregado na súa construcción (pedra do país finamente labrada), única en todo o territorio galego (e, por ende, en todo o territorio español). Nembargantes, e pese á contundente declaración de protección en forma de B.I.C. por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, o abandono do citado ben por parte das autoridades pertinentes está abocando este singular elemento ó seu derrube e desaparición. Precisa de medidas de protección e recuperación de maneira urxente. Atópase encravado nunha zona litoral de excepcional beleza, a cal sería ideal como área pública de lecer, tanto polo seu valor histórico coma natural.

(Fonte: A.C. O Barqueiro )

entrada Muiños de Rio Maior

Muiño Rio MaiorSeguindo o curso deste pequeno rio hai unha gran cantidade de muiños. A época da súa construcción, parece ser o século XVIII na gran maioria. Realizados en sillería de granito e cuberta de madeira.

 

Ampliar información.

aumentar Localizacion : Rio Maior; limite natural entre Sta. Cristina e S. Adrián.

entradaCasa Rectoral de Santa Cristina de Cobres

 

Rectoral Santa Cristina CobresAínda que se chama “casa rectoral” non é esa a súa natureza. Foi construída por un cura de Vilaboa para pasar nela tempadas de descanso. Cando morreu deixouna para que fose disfrutada de igual maneira polos curas qeu no sucesivo fosen nomeados para Vilaboa.
De planta rectangular, a casa conta con un pequeno torreón nun dos seus ángulos. Dispón dunha gran cheminea en fachada, escaleira interior de pedra semiderruída e un corpo sobresaínte fortificado preto da entrada. Saeteiras en varios puntos e lareira interior.




aumentarLocalización: Igrexario parroquial de Santa Cristina de Cobres Enlace con Google Maps

entrada Pazo de Larache

Pazo LaracheConstrucion en forma de L, do século XVIII, rehabilitada como casa rural no 2006.

A destacar a súa localización a carón da Ría de Vigo , e o seu canastro de 10 pes.

Localizacion : Santa Cristina de Cobres, Lugar de Larache.

 

entrada Casa Rectoral de Vilaboa

Gran casona de pedra, estilo pazo. Data de contrucción: século XVII, estilo barroco tardío. Planta en forma de "T" e festras con trabatel.
Ten unha gran portada que da acceso a un fermoso pátio no que hai unha fonte cuberta por unha bóveda de cañon a que se accede por unha escalinata.
O patio está emparrado, a a súa entrada está protexida por un torreón. Na sua eira hai un gran canastro.

Localización : Detrás do Concello de Vilaboa (Toural)

entrada Canastro (piorno, hórreo, cabana), da Casa Rectoral de Vilaboa

Canastro VilaboaEste canastro é do séculoXVIII,. E un dos máis grandes de Galiza.
Conta con 36 pes e 33 vanos xa que van de tres en fondo. As “duelas” son todas de iedra, e os hastiales con ventilacións están rematados ambos con cruces de pedra. A entrada é pola metade da lonxitude do canastro , rematada tamén con hastial. Toda a lonxitude do canastro conta cunha fermosa cornisa de pedra, tornaratos en troncos de cono, e piso de pedra. No seu su estilo, é un dos máis fermosos de Galiza.

aumentarLocalización : Detrás do Concello de Vilaboa- No eido da Casa Rectoral de Vilaboa(Toural)

entradaCasa Rectoral de Figueirido

Rectoral de FigueiridoTrátase dunha casa do século XVIII, de estilo sencillo. Con planta en forma de L, está acompañada dun canastro de tres vanos e oito pes.

 

 

 



aumentarLocalización :Ó Lado da igrexa de Figueirido

entradaCasa Barreira

Estilo barroco tardio, século XVIII. Conta cunha bonita chimeneia, e unha cornisa en gola ó longo da fachada.
Localización: Figueirido, - Alcouce

entradaCasa Rectoral de Bértola

É unha casa, estilo pazo, en sillares de granito fino,posiblemente de  principios do século XIX. A planta, en forma de L, conta cun patio e unha solana de entrada con balaustrada.
Conta cun canastro de 18 pes, (oito andares), o que o fai un exemplar de considerables dimensións.

Localización: Contigua á Igrexa de Bértola

entrada Cruceiros e petos de animas.

Existe unha gran variedade e diversidade, espallados por todo o Concello

CruceiroCruceiro de Acuña: Época 1670.

Observacións:
A base é unha enorme rocha. Nunha das súas caras aparece unha inscripción na que se determina a data de construcción e o nome dunha persoa. O fuste, que está moi desgastado, é octogonal. O capitel, está decorado con debuxos. Nun lado os símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe. Nos arredores atopamos restos de muros do que podería ser un castro. (Fonte: A.C. O Barqueiro)


aumentar

Cruceiro TouralCruceiro de Acuña: Século XVIII

Observacións:
Ubicado a escasos metros da casa do concello e da igrexa parroquial deSan Martín de Vilaboa, configúrase como un elemento pétreo con representación iconográfica a base de figuras humanas envoltas nas lapas do purgatorio, aparecendo nun plano superior unha especie de imaxe celestial que intercede por elas. Está levantado por detrás dunha mesa altar de granito. Ten forma rectangular que se redondea nos seus ángulos superiores e lle dá ó conxunto unha estructura piramidal. Represéntanse en dous niveis un par de escenas. No nivel inferior, aparece  un número indeterminado de monstruos que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. A escena representa maldade e sufrimento. No nivel superior, as ánimas que están a piques de se redimiren son axudadass por dous anxos que se sitúan nos arcos laterais. Por riba deste conxunto, e sobresaíndo en altura debido a un pequeno fuste e un moldurado capitel, un singular cruceiro que acolle, únicamente, á Virxe da Soedade, coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.
(Fonte:  J. L. V. B. ( C.E.P de RIOMAIOR))

Peto de Ánimas en O TouralPeto de ánimas de o Toural

Observacións:
Despois do Concello, pasando aponte da autopista, sobor dunha tosca base en forma de pedestal, sitúase este pequeno peto de ánimas realizado en pedra no cal se representan a figura de tres penitentes rodeados das lapas do Purgatorio, enriba dos cales érguese a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente se trate de San Francisco de Asís).
Presenta na parte superior dereita da capela unha notable rotura, e escomenzan a aparecer os líquens. Atópase asimesmo o conxunto moi erosionado.
(Fonte: A.C. O Barqueiro)

 

 

entrada As salinas do Ulló.

Apartado especial.

subir
[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos