Patrimonio relixioso Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoPatrimonio relixioso de Vilaboa

Edificios de importancia son as 5 igrexas parroquiais, construidas pola seguinte orde:

EntradaSAN MARTÍN DE VILABOA en 1387.
EntradaSAN ADRIÁN DE COBRES en 1417.
EntradaSANTA COLUMBA DE BÉRTOLA en 1528.
EntradaSAN ANDRÉS DE FIGUEIRIDO en 1556.
EntradaSANTA CRISTINA DE COBRES en 1678.


entradaIgrexa parroquial de San Martín de Vilaboa

Igrexa de VilaboaExemplar do arte Romático e Neoclásico, planta rectangular con unha nave eunha capela adosada a sacristía.
Construida e remodelada en varias etapas: seculos XII (prebisterio), XVIII (fachada) y XIX(nave).
A torre data do século XIX, e no lateral sur consérvase un dintel medieval (Románico).

Fachada barroca enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo.



aumentar
Localizacion : Toural - Vilaboa. Enlace con Google Maps

Capitel
Detalle capiteis Románicos da Igrexa de San Martín de Vilaboa

Agnus Dei de VilaboaDetalle do "Agnus dei " da Igrexa de Vilaboa.
Sobor do tellado da Igrexa de Vilaboa (parte posterior) atoparemos situada enriba dun pedestal esta figura de pedra que representa un carneiro en posición ergueita, coroando o seu lombo unha cruz antefixa de singular beleza.
Os “Agnus Dei” ou cruces antefixas son elementos singulares e escasos con respecto a outro tipo de representacións de carácter relixioso, tales como cruces, cruceiros, ...de especial relevancia este referido de Vilaboa polo seu bo estado de conservación e a súa tipoloxía de elemento ergueito.
(Fonte: A.C. O Barqueiro)

aumentar

 

entradaIgrexa parroquial de San Adrián de Cobres

San AdriánLugar de Santradán

A igrexa foi refeita en varias ocasións. A porta de entrada é do século XVI e a nave é de cañón apuntado, sobre faxóns, de estilo ecléctico realizada no século XX.A fachada principal ten unha porta de dobre folla de madeira con arco de medio punto de grandes dovelas lisas. No frontal apreciase unha espadaña posiblemente do século XIX, de dúas campanas.
A planta é de cruz latina con cruceiro e ábside rectangular mais alto ca nave principal. O tellado é a dúas e tres augas. Ten dous altares nos laterais.
No retablo está representada no centro superior Sta. Cristina, á dereira San Antón e á esquerda a Virxe da
Candelaria. Na fachada lateral esquerda está dosada unha cruz de pedra cun altar. A capela lateral esquerda pertence ó século XVIII, con cúpula semiesférica e linterna.

aumentar
(Fonte: A.C. O Barqueiro)


Localización: O lado do peirao de San Adrian, a carón do mar. Enlace con Google Maps

entradaIgrexa parroquial de Santa Columba de Bértola

Igrexa de BértolaA igrexa conta con dous estilos, con fachadas do século XVIII, ainda que o resto da fábrica de la igrexa pertence século XVI, de puro estilo renacentista.

O presbiterioestá cuberto con sillares formando bóveda de cañón. Os dous tramos anteriores ó presbiterio crúbense con bóveda de curcería. A planta é de forma rectangular.

Igrexa de planta en forma de cruz latina, dunha nave dividida en tres tramos con bóvedas de canón e de crucería con clave colgante. Ábsida elevada sobre a nave e cuberta con bóveda de canón polo interior, máis baixa ca da nave. Sancristía adosada ao norte. Na fachada destaca  o portón de acceso que ten unhas puntas de frecha angulares nas esquinas. Sobre a porta, unha hornacina coa santa da parroquia e xanela rectangular. Na espadaña ten tres ocos con arcos de medio punto, dous con dúas campás de distinto tamaño

aumentar

(Fonte: J. L. V. B. ( C.E.P. de RIOMAIOR))

Localización: . Pola carretera PO-0002 (Figueirido -Pontevedra),dirección Pontevedra, a altura de Bértola hai un cruce a esquerda e a poucos metros, a dereita está a igrexa.

Enlace con Google Maps

Cruceiro de BértolaNo adro da igrexa hai dous cruceiros: Un representa o Cristo crucificado e o outro, máis singular, representa a imaxe do Hábeas. Hai moi poucos exemplares deste tipo de cruceiros.

Sobor de dúas gradas, sitúase un pedestal  moi desgastado de sección cúbica, cuns releves lineais grabados nas súas caras. Sobor deste, un varal circular carente de calquera ornamentación da paso a un collarino e a un capitel de sección circular lisa, enriba do cal se asenta unha cruz cuadrangular cos seus extremos ancorados. O singular desta cruz é que ten labrado no seu anverso. A figura dun cáliz, e na parte de atrás un elemento que non podemos identificar (quizais os restos do que foi a figura dun Cristo crucificado).


(Fonte: A.C. O Barqueiro)

aumentar

 

entradaCapela de Santa Marta en Bértola

Caminño Portugues Por Vilaboa
aumentar

Caminño Portugues Por Vilaboa aumentar

Capela de Santa Marta.

Ano 1617.

Marca o final do tramo do Camiño Portugues no termo municipal de Vilaboa:

Base prisma, con aristas superiores rebaixadas e varal cilíndrico, estriado e leñosa, coa imaxe de Santa Marta por diante.
Capitel sinxelo de Catro lados recto, que da paso a cruz cuadrangular con aristas rebaixadase de estremos potenciados.

 


 

 

entradaIgrexa parroquial de San Andrés de Figueirido

Igrexa FigueiridoA fachada pertence ó século XVII.
O ábside é rectangular, repartido en duas épocas: una románica (do S. XII, posiblemente) e outra barroca(do S. XVII).
A cuberta do abside aséntase sobre cornisa corridao, o resto da igrexa é de estilo románico do século XII.
Ten un Agnus Dei sobre el testero, e unha saeteira románica nun lateral.
No interior da igrexa hai un sillar no muro sur, con un dameiro grabado, indudablemente reaproveitado.
O presbiterio cubrese con bóveda de cañón. A planta é de forma rectangular.

 

 

aumentar
Localización:

 

entradaIgrexa parroquial de Santa cristina de Cobres

Igrexa de sta. cristina de CobresPequena Igrexa con planta de cruz latina.

O que se conserva é do século XIX, destacando a espadaña da fachada.

A portada e unha das fachadas datan do século XVI. O resto da construcción data de finais do século XVI.

Construída no ano 1678, foi trasladada doutro lugar da parroquia que hoxe se coñece co nome do “cuarto” en Barciela. Igrexa con planta de cruz latina. Cuberta a dúas augas. Ábsida rectangular máis alta ca nave e cuberta interior de madeira. Nave dividida en sete tramos con bóveda de canón apuntado e arcos faixóns, sancristia adosada ao norte e capelas a ambos lados; a do norte con bóveda de forma sobre pechinas. Fachada con porta en arco de medio punto de grandes dovelas, espadaña central de dous vanos.   O seu carón atópase a antigua casa rectoral. (Fonte:  J. L. V. B. ( C.E.P de RIOMAIOR)

aumentar
Localización: Na N-554, direccion Cangas, despois do cimiterio de Sta. Cristaina, 300 m. a man dereita, a carón da carrerera. Enlace con Google Maps

subir
[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos