Servizos Sociais Galego Galego Castellano Castellano  
 
O tempo

Axenda
icoServizos Sociais do Concello de Vilaboa
entradaOnde estamos entradaPrestacións do departamento entradaActividades entradaProgramas

[ONDE ESTAMOS]

Servizos SociaisEstamos na entrada do concello a esquerda.

Para contactar con nós:
ssociais@vilaboa.org  ou  986 708 215 / 986 708 252

 



 

Responsable técnico:  ...Montserrat Carabelos

PDF Axudas para familias con nenos/as menores de tres anos (Maio 09)

PDFPrograma de balnearios 2009 (Abril 09)

PDFCruceiro Atlántico (Abril 09)


subir


[PRETACIÓNS DENTRO DO DEPARTAMENTO]

entrada Prestación de Información, orientación e asesoramento:

◊ Atención directa a consultas relativas a recursos e dereitos sociais de individuos familias ou grupos, realizando as oportunas xestións ou remitindo ós organismos pertinentes.

◊ Poñer a disposición de todos a información a través de edicións de folletos, carteis, celebración de charlas, conferencias, coloquios etc.

◊ Recollida e tratamento da información sobre as necesidades sociais, para planificación e priorizaciòn de recursos sociais.

◊ Realización de entrevistas individuais, familiares e grupais.

◊ Realización de visitas domiciliarias.

◊ Análise, interpretación e elaboración de informes sociais, emisión de dictámenes técnicos ou administrativos naqueles casos ou situacións-problema que o requiran.

entrada Prestación de promoción e cooperación social

◊ Asesoramento técnico ás asociacións que xa estean constituídas como tales, e as que se encontran en proceso de constitución.

◊ Elaboración de programas de acción social, tendo en conta as inquietudes e desexos dos distintos grupos sociais afectados.

◊ Realización de campañas de sensibilización en temas como o racismo, xenofobia, e cooperación social en xeral.

◊ Fomentar a creación de grupos de voluntariado social, entorno os distintos programas.

entrada Prestación de Axuda no fogar e apoio a unidade de convivencia:

◊ Realización de entrevistas e visitas domiciliarias, para o coñecemento valoración e diagnostico dos casos que precisen deste servicio

◊ Recollida e tratamento da información para unha planificación adecuada das actividades a desenrolar.

◊ Selección e orientación da profesional Auxiliar domestica que prestará o servicio.

◊ Seguimento continuado dos beneficiarios.

entradaPrestación de prevención e inserción social:

◊ Análise e estudio de situacións susceptibles de ser orixe de marxinación da poboación considerada de risco en orde á planificación de accións de carácter preventivo.

◊ Tratamento de situacións-problema individuais e grupais

vElaboración de programas priorizando aqueles que teñan unha vertente preventiva e de reinserción social de grupos ou individuos afectados por algún tipo de marxinación

En relación a esta prestación levaronse a cabo as seguintes actuacións. Algunhas financiadas pola Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, e outras a través do plan concertado.

◊ Técnicas de estudio para escolares con problemas de fracaso escolar (Programa de educación familiar)

◊ A atención infantil como medida preventiva de malos tratos (Programa de educación familiar)

◊ Curso de autoestima para menores (Programa educación familiar)

◊ O programa de integración para inmigrantes do cual se engade memoria amplia.

◊ Escola de pais (Programa de educación familiar)

◊ Programa de prevención de conductas esteriotipadas discriminativas e de perxuicio

subir

 

[ACTIVIDADES]

entrada Curso de doces (maio 2008)
Concurso de doces. (presentación, degustación e orixinalidade). Data: 10 de Maio. Lugar: Casa da Cultura de Riomaior. A data limite de inscrición será o 7 de maio de 2008. Lugar de Presentación de solicitudes: Concello de Vilaboa. Departamento de Servizos Sociais. Telf: 986 708215 - Ext: 2 Organiza: Concello de vilaboa en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

entrada Curso de Corte e Confección (maio 2008)
Curso de corte e confección. Datas: do 7 de maio ata xullo. Lugar: Local social do Toural. (Local de Protección civil) Dirixido a : Poboación en xeral. Importe: Gratuito. Lugar de Presentación de solicitudes: Concello de Vilaboa. Departamento de Servizos Sociais. Telf: 986 708215 - Ext: 2 Organiza: Concello de vilaboa en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

entrada Curso de Encaixe de Bolillos
Aprendizaxe e desenvolvemento de técnicas de confección do encaixe de bolillos. Para máis información preguntar no Departamento de Servicios Sociais do Concello

entrada Prescolar na Casa]
Celebrarase en Figueirido e na Casa da Cultura de Riomaior, un día a semán. Para máis información preguntar no Departamento de Servicios Sociais do Concello

entrada Curso. Recetas para educar
Para máis información, ou inscrición, preguntar no Departamento de Servicios Sociais do Concello
entrada Clase extraescolares e Programa de Prevención
No CPI O Toural os Luns e Mércores de 16:00 a 18:00 horas

entrada Distintas ofertas de traballo para inmigrantes e emigrantes retornados
Máis información Punto de Atención ó Emigrante do Concello de Vilaboa

 

 

subir

 

[PROGRAMAS DE ACTUACIÓN]

entrada Programa de estancias temporais

ORGANIZA:
A CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CONTIDO DO PROGRAMA:
- É unha alternativa de apoio temporal, nun centro residencial, ós maiores dependentes de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 que residan no seu fogar, colaborando deste xeito cos seus coidadores cando por unha serie de motivos non lles poden prestar os coidados necesarios. - A duración da estancia é dun mes e poderase dividir en periodos de quince días ou prorrogarse ata outro mes máis. - O custo da praza será a establecida para os usuarios de residencia pública, sendo proporcional ó tempo de duración da estancia.
REQUISITOS: • Ter 65 anos ou 60 e ser pensionista. • Acreditar a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia. • Presentar unha limitación importante na súa autonomía física e/ou psíquica. • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, enfermidade crónica en estado terminal, enfermidade clínica que requira tratamento en centro hospitalario; nin trastornos mentais ou conductuais graves e non compensados.
LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE: Aberto todo o ano
CONCELLO DE VILABOA. Departamento de Servicios Sociais.

entrada Programa de apoio social

Para familias con persoas maiores dependentes

¿QUÉ É? É un programa destinado a persoas maiores dependentes, consistente na estancia nunha residencia asistida, facilitando ós familiares ou coidadores a asistencia a actividades ou cursiños de formación acerca de; atencións básicas, saúde, nutrición,etc...

DURACIÓN 15 ou 29 días (14 ou 28 xornadas completas) en calquera mes do ano.

SERVICIOS QUE OFRECE Valoración xerontolóxica completa e atención integral incluíndo asistencia médica, psicolóxica e social. Aloxamento e manutención completa en cuartos dobres adecuados ás discapacidades dos beneficiarios. Menú axeitado, baixo supervisión médica. Terapia ocupacional e animación sociocultural.

BENEFICIARIOS Os residentes efectivos na Comunidade Autónoma Galega, maiores de 65 anos dependentes que non se atopen en fase terminal ou padezan enfermidades en estado agudo, ou aquelas persoas que sin teren 65 anos estén diagnosticadas de demencias tipo Alzheimer.

LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDES Poderá solicitarse durante todo o ano nos Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello ou nas Delegacións Provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

PREZO O beneficiario achegará 300 euros por quincena, sendo financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e maila Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

DOCUMENTACIÓN Fotocopia do DNI do solicitante e do coidador habitual. Certificación acreditativa da/s pensión/s que perciba o solicitante ou certificación negativa expedida pola entidade que corresponda. Fotocopia compulsada da declaración da renda, ou certificación negativa da Axencia Tributaria e declaración xurada dos seus ingresos. Informe médico, relativo ó solicitante é ó coidador habitual se é o caso. Informe social, no modelo que se achega coa solicitude.

entrada Programa de Respiro familiar - Vacacións e Saúde

ORGANIZA:
A DIRECCIÓN XERAL DO MAYOR E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONTIDO DO PROGRAMA:
-Este programa vai dirixido ás persoas maiores que teñen limitacións físicas, psíquicas ou sensoriais para a realización das actividades da vida diaria, sempre e cando non padezan enfermidades en proceso agudo ou en fase terminal. Concíbese tamén como de “respiro” para as familias e coidadores que teñan persoas maiores asistidas ó seu cargo; ofrecendo a posibilidade de que os beneficiarios participen no programa acompañados do seu coidador habitual. No caso de prazas vacantes poderán tamén asistir persoas minusválidas adultas que teñan acreditado polo menos un 75% de minusvalía e que non sexan traballadores en activo. -A estadía será de 15 días. -O custo da praza e de 300 € por persoa e quincena.

REQUISITOS: -Ter 65 anos ou máis. -Estar afectados por limitacións físicas, psíquicas ou sensoriais sen que se atopen en fase terminal ou padezan enfermidades en estado agudo. -Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. -Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou conductuais que poidan altera-la normal convivencia.

LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE: -Aberto todo o ano - CONCELLO DE VILABOA. Departamento de Servicios Sociais.

entrada Programa de Axudas de Emerxencia social

- Axudas para arranxo de vivendas
- Manutención en situacións limite
- Axudas para adquisición de material escolar
- Compra de medicamentos
- Pago de subministro eléctrico e aluguer etc.

entrada Programa de de Axuda a Domicilio

-Evitar internamentos de persoas, sempre que sexa posible e desexable que permanezan no seu entorno natural
- Previr situacións de crise familiar que prexudiquen ós membros da mesma
- Proporcionar elementos formativos a familias desorganizadas ou desestructuradas.
- Proporcionar apoio a familias en situacións de crise co fin de que non se deteriore a súa calidade de vida.
- Aumentar os niveis de autonomía e independencia dós beneficiarios.

entrada Programa de Educación Familiar

-Acadar que as familias obxeto de intervención adquiran e/ou afiancen coñecementos, habilidades e actitudes relacionadas co autodesenvolvemento e coa execución de tarefas e responsabilidades como figuras parentais.

-Capacitar ás familias para relacionarse entre sí e o co seu entorno, empregando os recursos do medio, previndo situacións de marxinación social.

entrada Programa de integración de inmigrantes

Destinatarios:
-Emigrantes e inmigrantes residentes no Concello e poboación local.

Temporalización:
-Anual. Atención ó público de 10:00 a 14:30 horas de luns a venres.

Actividades:
-O Centro de Acollida e Atención ó Inmigrante atenderá ós usuarios 10 horas a 14 horas todolos diás da semana. O resto do tempo estará adicado á programación e realización das distintas actividades:

Ubicación e traballo realizado:
No Concello , se habilitou un despacho, no que tivemos aberta unha OFICINA DE ATENCIÓN Ó INMIGRANTE , que estaba aberta tódolos días das 10.00 horas as 14.30 horas co fin de asesorar sobre posibles axudas e resolver dentro das nosas competencias os problemas que nos iban chegando.

XESTION DENDE A OFICINA DE ATENCIÓN O INMIGRANTE

-CONCLUSIONS

Entre os meses de Agosto e Septembro naceu a Asociación Maroquí de Pontevedra, solicitou as súas primeriras subvencións, e mercou o mobiliario básico para a súa actividade.
Dos demandantes de formación sobre cursos 10 matriculáronse no curso de Xesista e 2 no de Soldador.
Foron enviadas firmas recollidas polo colectivo tanto a Embaixada Marroquí en España como o Ministerio do Interior .
Os dez demandantes da tarxeta de empleo no INEM solicitarona.

PROXECTO DE ALFABETIZACIÓN PARA HOMES MARROQUÍES

alfabetizacion

PROXECTO DE ALFABETIZACIÓN PARA MULLERES MARROQUÍES

Das 16 mulleres que residen de maneira estable no Concello acudiron ás clases 13 mulleres de idades comprendidas entre 21 e 37 anos.

iintegracion

A INTEGRACIÓN É COUSA DE TODOS

entrada Programa de Prevención de conductas esteriotipadas discriminativas e de perxuicio

Destinatarios/as:
Nenos en idades comprendidas entre os 6 e 16 anos que residen no concello de Vilaboa, fomentando a participación dos nenos inmigrantes que aquí residen.

Ubicación e temporalización:
Tódalas actividades leváronse a cabo durante o curso escolar 2003-2004. Aínda que as actividades programábanse dende o propio Concello, executábanse a maior parte no C.P.I. do Toural, en aulas cedidas polo centro, e no Pavillón municipal de deportes

◊ PROXECTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Actividades:

• XOGOS COOPERATIVOS
• XOGOS DE DRAMATIZACIÓN
• XOGOS CREATIVOS
• TALLER CREATIVO DE MANUALIDADES

- DESTINATARIOS/AS Participan nesta acitividade 58 nenos escolarizados no Colexio do Toural, e debido a grande demanda que existiu , organizouse tres grupos

actividades estraescolares

◊ PROXECTO OBRADOIRO “A INTEGRACIÓN É COUSA DE TODOS

Actividades:

• Maquillaxe
• Elaboración de colares e xoias
• Elaboración de xoguetes reciclados
• Baile
• Contacontos
• Sorteo de agasallos

integracion

◊ PROXECTO CINE E PREVENCIÓN

Actividades:
Sesión de cine colectivo, precedida dun comentario previo, e dun coloquio posterior.
A titulo orientativo programaranse as seguintes sesións:

-CORTINA DE HUMO
( Barry Levinson 1997)
Temas e valores: desinformación, medios de comunicación e manipulación.

-UN MUNDO A SU MEDIDA
(Peter Chelson 1998)
Temas e valores: cooperación, amizade e respecto polas diferencias.

-BELLE EPOQUE
(Fernando Trueba 1993)
Tema : a necesidade de establecer vínculos afectivos e unha rede de relacións sociais .A necesidade de contacto corporal e intimidade.

XUNCOS SALVASES
(André Techiné 1994)
Promove-lo autoconcepto e a identidade sexual

-SOLO LOS TONTOS SE ENAMORAN
Descubrir que a diversidade facilita o desenvolvemento persoal e o enriquecemento mutuo.Tomar conciencia da problemática que produce a marxinación.

SOBRE A DIVERSIDADE:
NON SEN A MIÑA FILLA(Brian Gilbert 1992)

-A VIDA E BELA (Roberto Benigni 1997 )

-SAÏD ( Loren Soler 1998 )

-HISTORIA DUNHA GAVIOTA E O GATO QUE LLE ENSINOU A VOAR ( Enzo d´Aló 2000)

-O CASO WINSLOW

cine e prevención

 

entrada Programa para ocio e tempo libre da Terceira idade

O Concello de Vilaboa con características rurais, e poboación moi dispersa, existe un alto porcentaxe de veciños pertencentes o sector 3ª idade que debido a dous factores esencialmente: escasos recursos sociais na zoa que presten servicios a este sector de poboación, e falla en moitos casos dunha educación para o ocio, non teñen e descoñecen en onde ocupar o tempo libre de que dispoñen durante o día.

Despois da experiencia no Departamento de servicios sociais na organización dalgunha actividade dirixida ós nosos maiores e ante a aceptación masiva que tiñan en canto o número de participantes, considerase moi favorable a continuidade deste programa que engloba unha serie de actividade de cara a evitar o ocio pasivo.

subir

[mapa web] [aviso legal]
© 2008 Concello de Vilaboa
Casa do Concello - Toural 1, 36141 - Vilaboa

LYC Servicios Informáticos