ESPACIO+BIBLIOTECA
pechar

 

entrada SERVIZO DE CONSULTA EN SALA



Guía de uso

A biblioteca é un servizo de todos/as e para todos/as

A biblioteca é un lugar público e, como tal, require dos usuarios unhas normas de comportamento de maneira que se respeten as instalacións, os fondos nela recollidos, así como ó resto de usuarios.

Por tanto, non se debe:
• Incurrir en manifestacións ruidosas.
• Comer, beber ou fumar dentro da Biblioteca.
• Usar teléfonos móviles.
• Alterar a posición dos mobles e os equipos, ou usalos indebidamente.
• Reservar prazas nos puntos de lectura mediante calquera procedemento.
• Entrar con animais.
• Entrar con bicicletas, patíns, etc.
• Perturbar o bo funcionamento dos servizos da Biblioteca.

Para poder manter a gratuidade do servizo é necesario ter un coidado especial cos documentos e respetar as normas de funcionamento.

Condicións de acceso e uso

O acceso ós documentos é libre nas salas abertas ó público e gratuito. Tamén existen fondos de acceso restrinxido por razóns de conservación e seguridade.

Para acceder ó Servizo de Préstamo obterase o correspondente carné de socio.

Asimesmo existen medios adecuados para facilitar o acceso ás instalacións ás persoas con discapacidade

subir