Co obxecto de mellorar o servizo de información sobre as actividades que se levan a cabo dende O Concello, ponse en marcha o novo SERVIZO MUNICIPAL GRATUÍTO DE MENSAXES NOS MÓBILES.
Os veciños e veciñas de Vilaboa interesados en recibir información (vía SMS no móbil)soamente terán que cumprimentar un modelo de instancia, autorizando ao Concello de Vilaboa a enviarlles a información sobre os temas que lles interese (deportes, cultura, axudas, cursos, charlas, xuventude, muller, 3ª idade, exposicións, viaxes, etc.).
A instancia poderase presentar no rexistro do Concello en horario de mañá de luns a sábado ou en horario de tarde na Casa de Cultura de Riomaior
Descarga impreso
O/a interesado/a poder á exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido a Concello de Vilaboa.
Toural, s/n. 36141 Vilaboa (Pontevedra)
En ningún caso o Concello de Vilaboa utilizará os datos persoais para outro fin que non sexa establecer contacto cos/as usuarios/as, cando o motivo así o requira.
|